Skip to content
O NOSO TRABALLO

Grupo de Desenvolvemento Rural

Apoiamos iniciativas emprendedoras e traballamos para que a poboación se asente no territorio.

Montes e Vales Orientais

As nosas liñas estratéxicas pasan polo aproveitamento sostible dos recursos que hai no noso territorio:

  • Consolidar o sector primario como garante do desenvolvemento social, económico e ambiental.
  • Apoiar a consolidación do sector agroalimentario.
  • Poñer en valor a meirande rede de espazos protexidos de Galicia a través do ecoturismo.
  • Apoiar a creación e consolidación de empresas e servizos para a poboación rural.
  • Loitar contra o despoboamento.
  • Impulsar a formación e a creación de redes locais de traballo e cooperación.
ESTRATEXIA LEADER
O NOSO TERRITORIO

Montes e Vales Orientais

O GDR3 ten como ámbito de actuación 14 concellos da provincia de Lugo. Abarca a montaña lucense: as comarcas de Meira, A Fonsagrada e Os Ancares, e tamén o val de Láncara.

Este Grupo de Desenvolvemento Rural tamén é a entidade encargada de xestionar o Xeodestino Ancares – Terras de Burón. O territorio do GDR3 e do Xeodestino coincide na súa maior parte, a excepción dos concellos de As Nogais e A Pontenova.

Mapa GDR3 e Xeodestino Ancares Terras de Buron
NOVIDADES MONTES E VALES ORIENTAIS - GDR3

Actualidade

A Fonsagrada acolle este venres 26 de abril a ‘Xornada de Promoción do Emprego para Repoboar o Rural’

A Casa do Concello da Fonsagrada acollerá o vindeiro venres 26 de abril unha serie de faladoiros, presentacións e actividades que conformarán a ‘Xornada de Promoción do Emprego para Repoboar
SEGUIR LENDO
Responsables de establecementos hostaleiros e produtores do Xeodestino Ancares Terras de Burón reciben o selo que identifica aos seus negocios como membros oficiais da iniciativa 'Cociña de Ancares Terras de Burón'

Preto de 40 establecementos xa están certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’

Ao redor duns 40 establecementos e negocios do Xeodestino Ancares Terras de Burón recibiron xa o distintivo que os acredita como membros oficiais da iniciativa da ‘Cociña de Ancares Terras
SEGUIR LENDO
Foto de grupo da primeira Ruta dos Fornos de Pol, celebrada o 3 de marzo de 2024

A experiencia da primeira Ruta dos Fornos de Pol

A primeira Ruta dos Fornos de Pol saldouse cun auténtico éxito de participación, xa que reuniu o pasado domingo 3 de marzo a 120 sendeiristas chegados de toda a provincia
SEGUIR LENDO
Plantación de árbores da Asociación Corripa en Pena da Nogueira para compensar a pegada de carbono xerada polas terceiras Xornadas de Ciencia na Aldea

Guía práctica para compensar a pegada de carbono

A Asociación Corripa levou a cabo o pasado mes de novembro unha plantación de árbores coa que quixo compensar a pegada de carbono producida polas Xornadas de Ciencia na Aldea
SEGUIR LENDO
Xornadas Cocido da Montaña

Xornadas de degustación do Cocido da Montaña

Este mes de febreiro, como non pode ser doutro xeito, pola montaña estamos adicados de pleno a preparar (e probar) cocido, butelos e androllas. Coma cada ano, empezamos ca Feira
SEGUIR LENDO
Mural da campaña 'Déixate Marabillar polo Xeodestino Ancares Terras de Burón'

Presentada en Fitur a campaña ‘Déixate Marabillar polo Xeodestino Ancares Terras de Burón’

Na tarde deste xoves 25 de xaneiro presentamos no stand de Galicia en FITUR (Feira Internacional de Turismo) a campaña ‘Déixate Marabillar’, a proposta turística do Xeodestino para este 2024
SEGUIR LENDO
PROXECTOS LEADER

Impulsando o territorio

Iniciativas produtivas e non produtivas do período 2017 – 2021.