A asociación de Mulleres Rurais Ledicia organiza o V encontro de xente do Navia. Nesta ocasión será unha homenxe ás mulleres rurais, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da  Secretaria de Igualdade, do Gdr3 e de Agader. Ademais dunha comida de confraternidade (cada comensal deberá adquirir o seu ticket antes do 24 de xullo) haberá unha representación teatral  en formato de obra cómica inspirada no acontecer do medio rural; tamén se poderá desfrutar de música tradicional, baile, contos, e sobre todo do encontro entre a xente nun espzo único.