Axencia Turismo de Galicia. Resolución 25.11.2022
Link á convocatoria > https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221202/AnuncioG0256
PARA QUE
Realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios
completos nos que o seu uso sexa o aloxamento turístico. Sempre en edificios xa existentes e construídos antes
do 1 de xaneiro de 2007.
QUEN A PODE SOLICITAR
Hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos.
Quedarán excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio.
En canto á explotación:
a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes
destinados a aloxamento turístico.
b) As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento
turístico, que acrediten dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para
acometer as obras de reforma obxecto do Acordo do 29 de marzo de 2022.
PROCEDEMENTO
É concorrencia non competitiva, o que significa que se adxudican por orde de solicitude, ata esgotar os
fondos dispoñibles, inicialmente 7.813.070,00 euros.
QUE SE PODE SUBVENCIONAR
a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1), xa sexa convencionais (as
que afectan as fachadas, cubertas, carpinterías exteriores, vidros e proteccións solares) como as
non convencionais (as coñecidas como medidas de arquitectura bioclimática, como, por exemplo:
muros trombe, muros parietodinámicos, invernadoiros encostados, sistemas de sombreado,
ventilación natural, etc.)
b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción,
climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes
de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/o calor residual para complexos
turísticos de varios edificios (tipoloxía 2). Concretamente: Substitución de enerxía convencional por enerxía
solar térmica, por enerxía xeotérmica, por biomasa nas instalacións térmicas, outros sistemas de mellora
enerxética como ventilación natural e forzada, sistemas de arrefriado, de recuperación da
calor e aproveitamento de enerxías residuais, etc.
c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3) como substitución
de lámpadas e luminarias, sistemas de mellora do control de iluminación, recolocación de puntos de luz,
etc.
Tamén se subvencionan os custos de proxectos técnicos, dirección de obras, xestión e xustificación da
axuda, informes, etc.
IMPORTE DA SUBVENCIÓN
O importe máximo é 150.000 €, podendo chegar ao 100 % da solicitude.
DESDE CANDO SE PODE SOLICITAR
Desde o día 3 de decembro
ATA CANDO SE PODE SOLICITAR
Ata o 30 de marzo 2023 ou ata que se axiten os fondos.
CANDO HAI QUE TERMINAR A OBRA E XUSTIFICAR A SUBVENCIÓN
Doce meses a partir de que se comunique a concesión da subvención
OUTROS REQUISITOS
As actuacións han de cumprir dúas condicións:
1. Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto á situación de partida.
2. A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala
de emisións de dióxido de carbono (kg CO2 /m2 ano). Este último criterio non será de aplicación
cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.
Comentarios recientes