O xoves 20 de outubro ás 18:30, na biblioteca de Pobra de San Xiao (Lancara), celebrarase unha Xunta Directiva da asociación Montes e Vales.
O principal asunto a tratar será traballar sobre axustes nos baremos a aplicar ós proxectos que no futuro concorran a axudas do programa LEADER. Os baremos deben ser un elemento de aplicación «casi matemático»; por ese motivo a asociación axustará os baremos de puntuación aprobados para que todos eles sexan o máis medibles posible.
Na mesma Xunta informarase tamén da evolución da candidatura presentada á aprobación do programa LEADER.
Comentarios recientes