Participa

Estatutos do GDR

No seguinte enlace pódense consultar os estatutos aprobados na última asamblea do grupo.

Enquisa de participación no proceso de Desenvolvemento Local

Anímate a participar, é moi facil e os datos obtidos son moi importantes para elaborar unha boa estratexia de desenvolvemento territorial.

Qué se está facendo?

Desenvolver a estratexia de desenvolvemento local aprobada por agader para a comarca:  apoio a proxectos produtivos , apoio a os proxectos n0n produtivos , posta en marcha de planes de dinamización territorial , consolidar a asociación de desarrollo montes e vales orientais como entidade de ampla representación na comarca que , funcionando baixo o principio de portas abertas, integre a axentes territoriais que queiran implicarse na aposta polo desenvolvemento do territorio.

Configurar a Asociación de Desenvolvemento local Montes e Vales Orientais.

  • ESTATUTOS (documento básico que regula o funcionamento da asociación, según a lei orgánica 1/2002).   estatutos (borrador)
  • REXISTRO DE SOCIOS (formado por todos os axentes territoriais interesados en formar parte do gdr3.
  • MESAS SECTORIAIS (nas que se agrupan por sectores todos os membros da asociación).

Mesa sectorial institucional.  Mesa sectorial do sector agrogandeiro.  Mesa sectorial do medioambiente, recursos naturais, deporte e actividades recreativas. Mesa sectorial do sector forestal e da multifuncionalide do medio rural.  mesa sectorial de muller e igualdade.  Mesa sectorial de formación, mocidade, maiores e integración social. Mesa sectorial do turismo, artesanía, comercio, pequena empresa e  desenvolvemento económico. Mesa sectorial  do patrimonio, cultura, e etnografía.  Mesa sectorial do sector veciñal.

  • ASAMBLE XERAL, integrada por tódolos axentes territoriais que teñan a condición de socios.
  • XUNTA DIRECTIVA, integrada por un máximo de 21 membros.

Calquer axente territorial pode solicitar a súa inclusión como membro do gdr 3  constituido pola asociación de desenvolvemento rural montes e vales orientais.

Como participar?

Asociándose a asociación montes e vales orientais, para formar parte da asamblea xeral , mesa sectorial correspondente e, se resulta elexido, membro da xunta directiva.

Quen son os axentes territoriais que poden ser socios do GDR?

  • Cooperativas, S.A.T., Sociedades limitadas laborais.
  • Concellos do territorio.
  • Comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común.
  • Asociacións de veciños, de acción social, de mulleres, de mozos, culturais.
  • Organizacións profesionais.
  • Entidades sen ánimo de lucro.
  • Organizacións profesionais agrarias.
  • O requisito é que estén establecidas no territorio dalgún dos 13 concellos que forman o Grupo de Desarrollo Montes e Vales Orientais.

Pode participar unha persoa física?

  • Unha persoa física non pode ser membro do GDR, ten que estár en representación dalgún dos axentes territoriais.
  • Unha persoa fisica pode participar no diseño da estratexia de desenvolvemento local, cubrindo a enquisa  de participación ou aportando ideas de proxectos que se terán en conta para a elaboración de proxectos da zona.

Qué necesita un axente territorial que queira integrarse na asociación?

  1. Solicitude de adhesión.  MODELO DE SOLICITUDE
  2. Acordo do órgano competente da entidade.  MODELO DE ACORDO CONCELLOS     MODELO ACORDO ASOCIACIONS
  3. Ficha de datos da asociación.  FICHA DE DATOS
  4. DNI do representante da asociación.
  5. NIF da asociación.
  6. Certificado de inscrición no Rexistro da Xunta de Galicia, se procede.

 

contacta

dirección

Casa do Concello de Baleira,

baixo; rúa Dr. Escobar s/n, 27130 Lugo.

teléfono

+34 982 355 290
+34 659 275 743