- Conecta con nós
O NOSO TRABALLO
Grupo de Desenvolvemento Rural
Apoiamos iniciativas emprendedoras e traballamos para que a poboación se asente no territorio.
As nosas liñas estratéxicas pasan polo aproveitamento sostible dos recursos que hai no noso territorio:
- Consolidar o sector primario como garante do desenvolvemento social, económico e ambiental.
- Apoiar a consolidación do sector agroalimentario.
- Poñer en valor a meirande rede de espazos protexidos de Galicia a través do ecoturismo.
- Apoiar a creación e consolidación de empresas e servizos para a poboación rural.
- Loitar contra o despoboamento.
- Impulsar a formación e a creación de redes locais de traballo e cooperación.
ESTRATEXIA LEADER
O NOSO TERRITORIO
Montes e Vales Orientais
O GDR3 ten como ámbito de actuación 14 concellos da provincia de Lugo. Abarca a montaña lucense: as comarcas de Meira, A Fonsagrada e Os Ancares, e tamén o val de Láncara.
Este Grupo de Desenvolvemento Rural tamén é a entidade encargada de xestionar o Xeodestino Ancares – Terras de Burón. O territorio do GDR3 e do Xeodestino coincide na súa maior parte, a excepción dos concellos de As Nogais e A Pontenova.
NOVIDADES MONTES E VALES ORIENTAIS - GDR3
Actualidade
O GDR Montes e Vales Orientais colabora na III Degustación de Troitas Ribeiregas
A gastronomía e os produtos locais son tamén unha parte fundamental da identidade do territorio. Neste marco, o GDR Montes e Vales Orientais colaborou na III Degustación de Troitas Ribeiregas,
Negueira de Muñiz acolle a presentación da Ruta dos Viños entre Montañas
A Casa do Cazador de Negueira de Muñiz acolleu este luns, 13 de xullo, a quinta e última xornada de presentación das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia,
Ancares Terras de Burón consolídase como destino de ecoturismo con 12 empresas certificadas por Soy Ecoturista
O Xeodestino Ancares Terras de Burón continúa avanzando no seu compromiso cun modelo turístico sostible, responsable e ligado á conservación da natureza. Actualmente, o territorio conta con 12 empresas certificadas
Turismo, servizos e tecido asociativo: 35 proxectos solicitan apoio LEADER
A convocatoria LEADER continúa demostrando o dinamismo e a capacidade de iniciativa existente no territorio do GDR Montes e Vales Orientais. Nesta anualidade presentáronse un total de 35 proxectos entre
Unha axenda para visibilizar o que pasa no territorio
O Xeodestino Ancares Terras de Burón está xestionado polo GDR Montes e Vales Orientais e ten en marcha unha ferramenta pensada para dar visibilidade á actividade cultural, social e turística
PROXECTOS LEADER
Impulsando o territorio
Iniciativas produtivas e non produtivas do período 2017 – 2021.
