A Asociación Montes e Vales Orientais, vén de convocar a segunda edición do Concurso Comarcal de Meles da Montaña Lucense, para seleccionar os dous mellores meles da montaña do ano 2023.
Convocatoria ao Concurso Comarcal de Meles da Montaña Lucense
No marco da VI Feira do Mel da Montaña que se vai celebrar en Baleira os vindeiros días 20 e 21 de outubro, queremos convidar a participar neste concurso a todas as persoas apicultoras que produzan mel nalgún dos 14 municipios que forman parte do ámbito de actuación do GDR Montes e Vales Orientais ou do Xeodestino Ancares Terras de Burón:
- Baleira
- Baralla
- Becerreá
- Cervantes
- A Fonsagrada
- Láncara
- Meira
- Navia de Suarna
- Negueira de Muñiz
- As Nogais
- Pedrafita do Cebreiro
- Pol
- A Pontenova
- Ribeira de Piquín
Podes descargar as bases legais e toda a información do concurso aquí.
Premio á Mellor Mel da Montaña Lucense
Entregarase un diploma que acredite ao gañador ou gañadora do primeiro e segundo premio do Concurso, e tamén se lles entregará un trofeo. Ademais, as persoas produtoras que resulten gañadoras terán o dereito a facer uso de dito recoñecemento na súa promoción como produtores de mel.
Resumo dos requisitos para participar
- Cumprir cas bases legais que podes descargar aquí.
- Poderán participar apicultoras e apicultores individuaris ou asociados con mel de abella que cumpla coa norma de calidade relativa ao mel que está vixente.
- Enviar as mostras necesarias para participar antes do 20 de outubro de 2023 as 12 h. do mediodía.
- Enviaranse como mostra 2 tarros de 500 gramos, un deles etiquetado e outro sen etiquetar.
- O mel ten que ser da colleita de 2023 en calquera dos municipios mencionados anteriormente.
- Os envases deben ser de vidrio.
- Cubrir a folla de inscrición ao concurso.
Como participar?
Para participar é preciso entregar as mostras persoalmente ou facer que cheguen por correo postal ao enderezo da nosa asociación nos prazos indicados:
Asociación Montes e Vales Orientais
Casa do Concello de Baleira – Planta Baixa
Rúa Dr. Escobar s/n 27130 Baleira – Lugo
Data límite de recepción de mostras: 12 da mañá do venres 20 de outubro de 2023.