A Asociación Montes e Vales Orientais, vén de convocar neste 2024 a terceira edición do Concurso Comarcal de Meles da Montaña Lucense. Este concurso ten o obxectivo de seleccionar e recoñecer os dous mellores meles da montaña do ano.
Un mel excepcional, feito en espazos protexidos
Nas comarcas da montaña, prodúcese un mel que ten unha calidade excepcional. A frenética actividade das abellas ten como eixo central un entorno natural único e no que hai unha gran diversidade de plantas e flores. Unhas condicións óptimas para crear un mel cas mellores propiedades e todo o sabor.
Nesta terceira edición do Concurso Comarcal de Meles da Montaña Lucense, damos un paso máis para trasladar esa calidade excepcional ao consumidor, facendo unha análise en laboratorio de todos os meles presentados.
Convocatoria ao Concurso Comarcal de Meles da Montaña Lucense
Ao igual que nos anos anteriores, este concurso celebrarase no marco da VII Feira do Mel da Montaña que se vai celebrar en Baleira os vindeiros días 26 e 27 de outubro. Desde o GDR queremos convidar a participar a todas as persoas apicultoras que produzan mel nalgún dos 14 municipios que forman parte do noso ámbito de actuación:
- Baleira
- Baralla
- Becerreá
- Cervantes
- A Fonsagrada
- Láncara
- Meira
- Navia de Suarna
- Negueira de Muñiz
- As Nogais
- Pedrafita do Cebreiro
- Pol
- A Pontenova
- Ribeira de Piquín
Premio á Mellor Mel da Montaña Lucense 2024
Entregarase un diploma que acredite ao gañador ou gañadora do primeiro e segundo premio do concurso, e tamén se lles entregará un trofeo. Ademais, as persoas produtoras que resulten gañadoras terán o dereito a facer uso de dito recoñecemento na súa promoción como produtores de mel.
Resumo dos requisitos para participar
- Poderán participar apicultoras e apicultores individuaris ou asociados con mel de abella que cumpla coa norma de calidade relativa ao mel que está vixente.
- Enviar as mostras necesarias para participar antes do 10 de outubro de 2024 as 12 h. do mediodía.
- Enviaranse como mostra 2 tarros de 500 gramos, os dous sen etiquetar e cunha etiqueta a parte.
- O mel ten que ser da colleita de 2024 en calquera dos municipios mencionados anteriormente.
- Os envases deben ser de vidrio.
- Cubrir a folla de inscrición ao concurso.
Como participar?
Para participar é preciso entregar as mostras persoalmente ou facer que cheguen por correo postal ao enderezo da nosa asociación nos prazos indicados:
Asociación Montes e Vales Orientais
Casa do Concello de Baleira – Planta Baixa
Rúa Dr. Escobar s/n 27130 Baleira – Lugo
Data límite de recepción de mostras: 12 da mañá do xoves 10 de outubro de 2024.