Skip to content

EXPLORANDO O TERRITORIO CON FRAN LORENZO

Unha viaxe en vídeo por Ancares Terras de Burón

No ano 2023 realizamos unha colaboración co creador de contidos Fran Lorenzo, para que percorrese os nosos concellos entrevistando ás persoas que viven e traballan aquí.

Fran Lorenzo percorreu o territorio conversando cos seus protagonistas, co obxectivo de potenciar o Xeodestino Ancares Terras de Burón, a través dos seus produtos turísticos: Pasaporte Gastronómico, Cociña de Ancares Terras de Burón, Rede de Micropaisaxes e Déixate Marabillar.

O resultado desta iniciativa son unha serie de videos que amosan as oportunidades do noso territorio para establecerse, emprender e desenvolver actividades turísticas sostibles, baseadas na natureza, na gastronomía e no potencial do sector agrogandeiro.

Reproducir vídeo acerca de Explorando o Territorio con Fran Lorenzo

Vídeos do proxecto