A FEGAMP, organiza en Baleira un curso de especialización en ‘Sostibilidade Turística e Competencias Dixitais’ dirixido a profesionais do sector turístico e tamén persoas interesadas en formarse para desenvolver proxectos relacionados co turismo rural.
CANDO?
1, 2 e 3 de xullo, de 9.30 h. a 14:30 h.
Na modalidade presencial, realizaranse formacións no territorio en experiencias inmersivas das tradicións rurais durante os tres días, en horario de tarde.
COMO?
Presencial e online.
ONDE?
Casa do Concello de Baleira. Rúa Dr. Escobar, s/n. Baleira. Lugo
CUSTE?
Gratuíto en ambas modalidades. A formación presencial inclúe comida networking e actividades inmersivas no territorio os tres días.
INSCRICIÓNS
Para coidar ao máximo a experiencia formativa, as prazas están limitadas e é preciso inscribirse. Unha vez cubertas as prazas, farase unha lista de agarda por rigurosa orde de inscrición.
Trátase dunha formación intensiva, de gran valor formativo, gratuíta e acreditada polo proxecto RETTURN. A formación farase en modalidade presencial en Baleira e en modalidade online, retransmitida en streaming.
A modalidade presencial en Baleira, contará con dinámicas e experiencias inmersivas no territorio, baseadas nas tradicións rurais. Estas actividades extra levaranse a cabo polas tardes, completando a formación matutina.
As persoas interesadas en quedarse no territorio durante os días que dura a formación, poden poñerse en contacto co equipo do GDR no teléfono 659275743 se desexan información sobre aloxamentos próximos ao lugar onde se realiza a formación.
Programa formativo
01/07/2024 | 02/07/2024 | 03/07/2024 |
---|---|---|
MÓDULO 1 – Ferramentas para a xestión de proxectos turísticos (2,5 horas) | MÓDULO 3 – Emprendemento e innovación no ámbito do turismo rural. (2,5 horas) | MÓDULO 5 – Márketing dixital para a promoción de destinos turísticos. (2,5 horas) |
MÓDULO 2 – Oportunidades de financiamento para o sector turístico. (2,5 horas) | MÓDULO 4 – Economía circular e turismo (2,5 horas) | MÓDULO 6 – Redes sociais para o sector turístico. (2,5 horas) |
COMIDA NETWORKING / PICNIC | COMIDA NETWORKING / PICNIC | COMIDA NETWORKING / PICNIC |
Formación en experiencias inmersivas das tradicións rurais – Turismo en espazos naturais e rituais tradicionais. Baleira. Cortevella – San Bernabé | Formación en experiencias inmersivas das tradicións rurais – Apiturismo no Ecomuseo El País del Abeyeiro e no xardín de polinizadores. Negueira de Muñiz | Formación en experiencias inmersivas das tradicións rurais – Natureza e historia en Meira. Pedregal de Irimia e Mosteiro de Santa María. |
Proxecto Retturn
A FEGAMP – Federación Galega de Municipios e Provincias, está a desenvolver no ámbito territorial do GDR Montes e Vales Orientais o proxecto Retturn – Red de Experiencias Turísticas Basadas en la Tradición Rural, co obxectivo de transformar o concepto de “turismo rural” mediante a conservación e recuperación de tradicións en perigo de extinción, conseguindo xerar experiencias turísticas memorables.
No noso caso, estase a traballar en crear experiencias relacionadas coas pallozas e os teitos de palla, a trashumancia e a gandería de montaña ou o patrimonio popular apícola.