INSCRÍBETE NAS NOSAS ACTIVIDADES
Obradoiros Feira do Mel da Montaña
No marco da VII Feira do Mel de Baralla, hai organizados diferentes obradoiros gratuítos que non precisan inscrición previa, só tes que chegar e participar.
Pero por limitacións de espazo, os obradoiros que se fan no Centro Sociocultural, sí que precisan inscrición previa:
OBRADOIRO DE XABÓNS ARTESANAIS E UNGÜENTOS CON CERA E MEL
📍 Centro Sociocultural de Baleira
🗓️ 26 de outubro de 2024. 15.30 h.
TALLER DE CALIDADE E CATA DE MELES COMENTADA
📍 Centro Sociocultural de Baleira
🗓️ 26 de outubro de 2024. 18 h.
Actividades gratuítas.
Taller práctico de iniciación ao márketing dixital
Un obradoiro de 4 sesións prácticas de 3 horas cada unha. Impartido por Ana Díaz, de Arela Comunicación Sostible para aprender sobre márketing traballando sobre a túa propia marca, crear unha estratexia e un plan de traballo que poidas manter no tempo.
Próximas datas (aínda estás a tempo de inscribirte):
– Sábado 19 de outubro
– Sábado 9 de novembro
– Sábado 7 de decembro (pendente de reprogramar)
De 10 h. – 13h.
Aula CeMIT – Concello de Becerreá
Actividade gratuíta.