O EVENTO
Unha xornada de intercambio e convivencia por e para mulleres coa que facer unha estratexia Leader participativa e con perspectiva de xénero.
INFORMACIÓN CLAVE
- Lugar: Casa Chaín de Pol.
- Data: sábado 25 de marzo de 2023
- Prezo: Inscrición, comida e actividades totalmente gratuítas.
- Dirixida a: mulleres de calquera idade que estean interesadas en compartir as súas inquedanzas e escoitar as doutras. Haberá máis de 20 poñentes en varias mesas de diálogo.
TECENDO A REDE DE MULLERES DO TERRITORIO
Para continuar consolidando as conexións e o networking no territorio, esta xornada terá unha continuación o sábado 1 de abril en Piornedo cunha ruta etnográfica guiada por Piornedo Anda. A inscrición nesta ruta á completamente gratuíta a través deste formulario. Podes ampliar información neste artigo.
Mulleres do territorio en rede
Desde o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais organizamos a xornada de intercambio e convivencia ‘Mulleres do territorio en rede. Elaborando a estratexia Leader’, unha iniciativa que se levará a cabo este vindeiro sábado 25 de marzo e que ten como un dos seus obxectivos principais buscar solucións e facer propostas para incentivar o emprendemento e que as mulleres elixan a Montaña Lucense para vivir e empezar unha carreira profesional ou empresarial.
Esta xornada de traballo terá como escenario a Casa Chaín de Pol, é totalmente gratuíta e está dirixida a mulleres de todas as idades.
O evento dará comezo ás 10 da mañá e finalizará xa pola noite. Durante a xornada desenvolveranse unha serie de mesas de diálogo e actividades coas que darlle forma a unha estratexia Leader participativa e con perspectiva de xénero. Deste xeito, trataranse que aspectos son importantes á hora de facer un proxecto no noso territorio ou que se debería incentivar, entre outros moitas cuestións.
O evento pretende que dende a experiencia de moitas mulleres que viven e traballan no territorio se poda afondar sobre os aspectos importantes á hora de facer unha boa estratexia LEADER, que se traballe sobre as accións, liñas estratéxicas e tipos de proxectos que se deberían incentivar. Buscamos que esta rede de mulleres se active como unha comunidade de apoio e intercambio de ideas aberta a calquera muller da zona que queira formar parte e aprender da experiencia, vivencias e ideas de todas. Pretendemos tecer unha rede de networking entre mulleres que, ademais de incidir de forma directa no deseño do desenvolvemento do territorio, se poidan apoiar entre si, o que pode ser moi importante para o futuro.
Esta xornada de intercambio e convivencia contará con distintas mesas entre as dez da mañá e as seis da tarde, finalizando o día cunha visita cultural ao mosteiro de Meira. Xa está confirmada a presenza de máis de 20 mulleres que participarán nas distintas mesas redondas que hai programadas.
O evento arrincará ás 10 horas cun café que servirá de toma de contacto entre as participantes para posteriormente realizarse a benvida oficial, a partir das 10.30 horas, que correrá a cargo de Lourdes Abuide, propietaria da Casa Chaín; Fe Álvarez, xerente do GDR que explicará o programa da xornada e que obxectivos se buscan con ela; e Verónica Marcos, presidenta en Galicia da Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales (FADEMUR), que contará a súa experiencia á fronte deste colectivo.
Entre as 11 e as 14 horas desenvolveranse as distintas mesas de diálogo sectoriais que terán como temáticas cuestións como os servizos, o turismo, a agroindustria, a gandería, a cultura ou o lecer.
A mañá pecharase cunha comida de traballo, tamén gratuíta, na que as participantes se dividirán en grupos e farán unha tormenta de ideas. A sesión vespertina dará comezo cun café e posta en común na que cada grupo expoñerá as conclusións ás que chegou durante a comida.
Posteriormente haberá un teatriño de títeres e ás seis da tarde pecharase a xornada de traballo para dar paso á visita cultural ao mosteiro de Meira.
Inscrición aberta
O prazo de inscrición estará aberto ata que se complete o aforo, que será de 50 persoas. Aquelas mulleres interesadas en participar poden anotarse aínda a través de Whatsapp no número 659275743, enviando un correo electrónico á dirección montes.vales.orientais@gmail.com. A participación e todas as actividades que inclúe a xornada son totalmente de balde.
Programa:
- 10 horas – Toma de contacto tomando un café
- 10:30 horas – Benvida
- 11:00-14.30 horas – Mesas de diálogo
- 14:30- 15.30 horas – Comida de traballo
- 15.30 – 18.00 horas – Café e posta en común
- 18:30 horas – Visita cultural ao Mosteiro de Meira
Máis iniciativas
Ademais de nesta xornada, o GDR Montes e Vales Orientais tamén traballa noutra actividade que se desenvolverá unha semana máis tarde, na primeira fin de semana de abril, e que cremos que servirá para consolidar esta rede de mulleres, para continuar establecendo contactos e facendo actividades no territorio. Consistirá nunha ruta guiada coa Asociación Piornedo Anda na que se dará a coñecer o fantástico entorno desta localidade. Podes inscribirte á ruta aquí.