PARTICIPACIÓN NO GDR3
Rexémonos polo principio de portas abertas, polo que calquera entidade que queira implicarse na aposta polo desenvolvemento do territorio e cumpra cos requerimentos, pode solicitar a súa adhesión á Asociación Montes e Vales Orientais en calquera momento.
QUEN PODE ASOCIARSE?
Axentes territoriais
A Asociación Montes e Vales Orientais – GDR3 está integrada por un conxunto representativo dos diferentes sectores socioeconómicos do territorio, tanto públicos como privados.
Calquera entidade que teña como ámbito de actuación o noso territorio e traballe en temas relacionados co desenvolvemento social ou económico, pode formar parte da estrutura do GDR3:
- Cooperativas, S.A.T. ou Sociedades limitadas laborais.
- Concellos do territorio.
- Comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común.
- Asociacións veciñais, de acción social, de mulleres, xuvenís ou culturais.
- Organizacións profesionais.
- Entidades sen ánimo de lucro.
- Organizacións profesionais agrarias.
Non poden formar parte da asociación as persoas físicas nin as sociedades mercantís, a excepción das entidades de economía social nomeadas no primeiro punto.
COMO ASOCIARSE?
Para formar parte da Asociación Montes e Vales Orientais é preciso cumprir os requerimentos que marcarn os nosos estatutos e achegarnos a seguinte documentación:
- Solicitude de incorporación. Podes descargar aquí un modelo de solicitude.
- Acordo do órgano competente da entidade onde se exprese a vontade de formar parte da Asociación Montes e Vales Orientais – GDR3. Aquí podes descargar un modelo de acordo para concellos e aquí un modelo de acordo para outras entidades.
- Ficha de datos da entidade. Podes descargala aquí.
- DNI da persoa representante da entidade.
- NIF da entidade.
- Certificado de inscrición no Rexistro da Xunta de Galicia (se procede).
Cando a entidade que se quere asociar non ten o domicilio social dentro do ámbito de actuación da Asociación Montes e Vales Orientais, deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial.