Este mes de febreiro, como non pode ser doutro xeito, pola montaña estamos adicados de pleno a preparar (e probar) cocido, butelos e androllas. Coma cada ano, empezamos ca Feira do Butelo da Fonsagrada (3 e 4 de febreiro) e collemos impulso coa Festa da Androlla de Navia de Suarna (11 de febreiro). Pero este ano, incorporamos ao calendario as Xornadas de Degustación do Cocido da Montaña; durante todo o Entroido poderá degustarse o Cocido da Montaña en varios restaurantes e casas de comida de todo o territorio e o 13 de febreiro, coincidindo co martes de Entroido, haberá unha gran degustación en Baleira.
Xornada Degustación Cocido da Montaña en Baleira
O pavillón municipal de Baleira prepárase para a gran Degustación do Cocido da Montaña cunha xornada de festa con actividades gastronómicas, música, sorteos e desfile de disfraces de Entroido.
As 13.45 horas abrirase o pavillón para as persoas que teñan entrada para a degustación. O prezo é de 15€ por persoa e inclúe o xantar, con cocido tradicional da zona, a bebida e unha sobremesa de doces típicos de Entroido. As entradas para a degustación poden mercarse de xeito anticipado nos seguintes establecementos que forman parte da Asociación de Hostalaría de Baleira: A Marronda, O Moneda, O Neireo e O Recuncho de Vane.
Ás 17.30 horas, unha vez rematada a degustación, a entrada ao pavillón será libre, e todas as persoas que se acheguen poderán participar no desfile de disfraces e desfrutar da música e a festa toda a tarde. Ao final deste artigo deixamos os carteis informativos do evento, onde podes atopar toda a información.
Degustacións en todo o territorio
Durante todo o Entroido, os restaurantes e casas de comidas dos 14 concellos que forman o noso territorio, estarán ofrecendo pratos de Cocido da Montaña. En canto teñamos confirmación, iremos subindo os establecementos e as localizacións onde podes degustar o cocido certificado de Cociña de Ancares Terras de Burón, con ingredientes da montaña certificados.
Restaurantes confirmados
Establecementos que ofrecerán Cocido da Montaña aos seus clientes durante o Entroido:
- A Marronda, Baleira. Teléfono 608 080 406
- Recuncho D’Vane, Baleira. Teléfono 618 966 710
- Casa do Chao, Villaverde, Navia de Suarna. Teléfono 680 275 490
- Casa Sidrón, Pieiga, Negueira de Muñiz. Teléfono 655 838 199
- O Neireo, Baleira. Teléfono 982 355 248
- Caserío Meiroi, Navia de Suarna. Teléfono 659 030 341
- Restaurante O Piñeiral, A Fonsagrada. Teléfono 606 165 752
- Fonda Zarralleiro, Baralla. Teléfono 608 589 735
- A Lareira, Chandevilar, As Nogais. Teléfono 636 648 174
- O Xegunde, Navia de Suarna. Teléfono 649 243 958
- Mesón Catro Ventos, Barbeitos, A Fonsagrada. Teléfono 982 340 151
- Restaurante Rivera, Becerreá. Teléfono 982 360 185
- Restaurante Boavista, Becerreá. Teléfono 982 360 853
- Apartamentos Sons do Eo, Murias, Baleira. Só para persoas aloxadas. Teléfono 663 612 833
- Restaurante A Escola, Navia de Suarna. Teléfono 982 365 251
- Restaurante O Cebreiro, O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro. Teléfono 982 367 182
- Mesón Aarau, Navia de Suarna. Teléfono 982 365 084
- Casa Cazoleiro, Meira. Teléfono 982 330 331
Tes un restaurante ou casa de comidas no territorio e queres sumarte a esta iniciativa? Ponte en contacto con nós no teléfono 659 275 743.
Produtores certificados
Ademais dos restaurantes e casas de comidas, descubre os produtores certificados co selo de ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’:
Pasaporte Gastronómico
Tanto na Feira do Butelo da Fonsagrada, como na Festa da Androlla de Navia de Suarna, poderase selar o Pasaporte Gastronómico do Xeodestino Ancares Terras de Burón. Con cada selo, participa en saborosos sorteos. Non deixes de achegarte ao posto do Pasaporte Gastronómico e pedir o teu!